El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

TERÁ COMO AXUDANTE A FERNANDO ARAUJO

Juán A. Ruiz adestrará ao equipo Alevín “B” do Pabellón EDO

Juantxo

Juán Antonio Ruiz será o encargado de adestrar ao equipo Alevín “B” do Pabellón EDO na tempada 2020-2021. Terá como axudante a Fernando Araujo

José Luís Dibuja como Coordinador do club, fai a presentación de Juán A. Ruiz na dirección do noso equipo Alevín “B” do Pabellón EDO, que xogará en 2ª División. Contará coa axuda de Fernando Araujo.

Juán A. Ruiz ten o título de monitor de Fútbol. Leva adestrando 11 anos, os dous primeiros como adestrador xogador no Río Sil e no Ferreira. En categorías base adestrou os últimos tres anos na E.D. Ourense.

Como xogador estivo activo 31 anos. Xogando en equipos coma Mourente, Puente, At. Ourense, Arenteiro, Vilamarín, Carballiño, Bentraces, Maside e Lemos. Dende 3ª División ata 2ª Rexional.

“As miñas ideas no fútbol: Aprender divertíndote. fabricando xente. aprende sobre todo e  traballo técnico táctico pero sen esquecer o físico”.

Juán A. Ruiz adestrará ao equipo Alevín “B” do Pabellón EDO