El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE DE PERMANENCIA

O Infantil Promesas non puido co Porriño (0-2)

Pabellón Promesas Infantil

Despois de dúas semanas consecutivas sumando, o Pabellón Promesas caía no campo de Os Remedios (0-2) co Porriño na Fase de Permanencia da Liga Galega Infantil.

Un gol no derradeiro minuto da primeira parte abriría o camiño da vitoria para os visitantes nunha cita moi disputada. Avanzado o segundo tempo chegaría o segundo tanto dos visitantes que significaba a sentenza. Ver ficha técnica.

O equipo ocupa a última posición deste grupo despois de once xornadas disputadas e asumindo o descenso de categoría pagando a peaxe dun equipo íntegro de primeiro ano. Ver clasificación.

O Infantil Promesas non puido co Porriño (0-2)