El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Fútbol 8 / Resumo do 29 de febreiro e 1 de marzo

P2030673
Bo balance dos nosos representantes do Fútbol 8 nunha xornada sen derrotas nos sete partidos disputados. Os dous conxuntos Benxamís de 2ª Autonómica e o Prebenxamín A tiveron descanso.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Vitoria do Alevín A (2-0) nos Remedios contra o Ourense CF, nunha cita que os de Antonio Parrilla tiveron que esperar a resolver na segunda metade despois de que o primeiro tempo rematase sen goles. Os pabellonistas dominaron moitísimo pero crearon poucas ocasións de gol diante dun adversario agazapado na súa parcela. Mateo Viviá e Nico foron os autores dos tantos. Ver clasificación.

O Alevín Promesas tivo un bo rival na ED Ourense que lle complicou moito as cousas no campo de Os Remedios nunha cita na que os nosos xogaban como visitantes (3-4). A falta de acerto e relaxación en certos momentos do partido dos de Anxo Valcárcel levounos a sufrir moito. Gabri (2), Pablo e Guillermo, de penalti, anotaron os tantos. Ver clasificación.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Mal partido do Alevín B nos Remedios para ceder un empate (2-2) contra a SD Arrabaldo nos Remedios. Os de Santa Cruz, máis metidos no partido e máis actitude, marcharíanse ao descanso con vantaxe mínima (0-1).

No segundo tempo a decoración apenas cambiaría e o rival levouse un merecido empate polo esforzo realizado. Anxo Cao e Iker anotaron os tantos. Ver clasificación.

Reparto de puntos (1-1) no mini campo de O Seixo entre CD Allariz B e Alevín C. Partido moi atascado nun redinto de reducidísimas dimensións e no que o cadro local foise con vantaxe ao descanso cun tanto en proia meta.

No segundo tempo os de Marcial González etiveron mellor adaptándose ás necesidades do campo. O gol de Breogán fixo xustiza ao final do choque. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Benxamín A apuntouse os tres puntos (0-3) contra a UD Ourense no campo de O Medio en Vilariño. Os de Gabriel Prada tiñan vantaxe mínima ao final da primeira metade e na segunda conseguirían distanciarse no marcador con dúas dianas máis nunha confrontación na que levaron maioritariamente o peso do xogo. Mauro (2) e Dani foron os goleadores. Ver clasificación.

Maís apretada estivo o triunfo do Benxamín Promesas (4-3) contra o CP Calasancio nos Remedios. Os de Quique Serantes parecían ter a cita encarrilada ao final do primeiro tempo (2-0) pero o descanso non lle sentou ben aos pabellonistas xa que os monfortinos conseguirían darlle a volta ao marcador (2-3).

Por fortuna os branquiverdes non se viñero abaixo e nuns cinco minutos finais acorralaron ao rival creando moitas oportunidades nas que chegarían as dúas dianas que permitiron volcar o marcador para facerse co triunfo. Jesús (2), Diego e Santi foron os autores dos goles. Ver clasificación.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Benxamín B e Benxamín Promesas B tiveron xornada de descanso nos seus respectivos grupos.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN
Cómodo partido do Prebenxamín Promesas co CD Santa Teresita no campo de Eiroás (1-12). Ao remate da primeira metade os de Marcos Cudeiro xa tiñan una boa renda (0-4).

No segundo tempo as diferenzas foron maiores cunha alta porcentaxe de acerto no remate dos branquiverdes. Mateo (3), Gael (2), Nico (2), Izan (2), Leo, Martín e Hugo repartíronse os tantos. Ver clasificación.

En canto ao Prebenxamín A, os de Enrique Silva disfrutaron nesta ocasión de xornada de descanso.

Fútbol 8 / Resumo do 29 de febreiro e 1 de marzo