El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 8

Fútbol 8 / Resumo do 22 e 23 de febreiro

P2030512
Apenas cinco partidos na xornada dos nosos equipos de Fútbol 8 entre Liga Regular, incluidas citas aprazadas no seu día, e Copa Deputación que deixaron marcadores para todos os gustos.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Vitoria do Alevín A no campo dos Escolapios diante do CP Calasancio (1-3). A primeira parte finalizou sen que o marcador se movese e foi na sergunda cando chegarían todos os goles. Os pabellonistas tiveron un rival que defendeu todo o partido renunciando a xogar oa fútbol. Diego (2) e Borja foron os goleadores. Ver clasificación.

Nesta xornada o Alevín Promesas tivo descanso.

2ª AUTONÓMICA ALEVÍN
Os penaltis (2-3) permitiron o pase do Alevín B ás semifinais da Copa Deputación a costa de superar no campo de A Granxa, en partido xogado o mércores, á EDC Verín B, despois de que o tempo regulamentario finalizase en táboas (1-1).

Os de Jorge Manuel, nun partido para esquecer, fóronse ao descanso con vitoria mínima -gol de Mikel- e na segunda metade os verineses forzarían o empate que levou aos penaltis na que polos nosos marcarían Guille, Iker e Arturo. Ver cadro.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
O Benxamín A superou a unha ED Ourense (5-2) que chegaba como líder ao campo de Os Remedios, nun partido que resolverían os de Gabriel Prada na segunda metade, aínda que ao descanso xa mandaban mo marcador (2-1). Älex (2), Dani, Matías e Mauro foron os autores dos tantos. Ver clasificación.

Derrota pola mínima (3-2) do Benxamín Promesas na visita ao CD Santa Teresita en Eiróas. Ao descanso os locatarios tiñan vantaxe (2-1). Dúas accións a balón parado puxéronlle as cousas moi difíciles ao de Quique Serantes, que competiron moi ben pero sen obter rentabilidade. Ver clasificación.

2ª AUTONÓMICA BENXAMÍN
Non puido sumar o Benxamín B na visita ao CD Rúa (1-0) no campo Vicente Solarat. A cita estivo moi igualada e despois de finalizar o primeiro tempo sen goles, os valdeorreses decantaron o choque cun tanto na segunda parte. Ver clasificación.

Non tivo xornada nesta ocasión o Benxamín Promesas B.

Fútbol 8 / Resumo do 22 e 23 de febreiro