El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

Fútbol 8 / Resumo da xornada

A fin de semana deixou varios partidos con moitísima emoción en varias categorías

A fin de semana deixou varios partidos con moitísima emoción en varias categorías

Partido cómodo para o Pabellón CF no Play Off da 1ª Autonómica Alevín ao superar nos Remedios (8-0) ó Arrabaldo con tres tantos na primeira metade e cinco na segunda. Adrián (2), José (2), Miguel, Ander, David e Julián foron os goleadores. Mentres, no Torneo Ourense Base Alevín Pabellón Promesas e Santa Teresita empataban (1-1) nos Remedios nun partido igualado e no que os nosos desaproveitaron un penalti cando o marcador aínda non se movera. Hugo anotaria o gol local para neutralizar o tanto dos de Eiroás.

No Play Off da 2ª Autonómica Alevín o Pabellón "B" acabaría encontrando na segunda metade o camiño do gol (5-1) despois de gozar de imnumerables ocasións durante a primeira parte na cita xogada nos Remedios. Borja (2), Iker (2) e Diego anotaron os tantos.Pola súa parte, no Grupo 43 o Pabellón "C" cedía ante a UD Ourense "C" nos Remedios (1-3). Ao descanso os visitantes tiñan vantaxe mínima. Mateo anotaría o tanto dos pabellonistas.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica Benxamín tivo un duro rival na EDC Xinzo dentro do Play Off (4-2). Os limiaos tomarían vantaxe no marcador para chegarse ao descanso con táboas (1-1). No segundo tempo os pabellonistas conseguirían depegarse no marcador para sumar os tres puntos. Pablo (2), Leo (2) e Dani foron os goleadores. No Torneo Ourense Base Benxamín o Pabellón Promesas tivo no Monforte un rival que lle complicou a vida no primeiro tempo. Na segunda metade o equipo estivo máis atinado e resolvería a cita (6-2). Héctor (2), Izan, Matías, Alexandre e Marco repartíronse os tantos.

O Pabellón "B" da 2ª Autonómica Benxamín volveu a gañar con solvencia (1-7) na visita á ED Ourense "B" no Miraflores. Ao descanso os  nosos xa mandaban no marcador (1-3). Martín (2), Gabriel (2), Hugo Gil, Martiño e Adrián anotaron os tantos. Tamén estivo a gran altura o Pabellón Promesas "B" ao sumar un meritorio empate (3-3) co Ourense CF "C" nos Remedios dentro do Grupo 43. Ao descando os de Oira tiña vantaxe mínima (1-2) e despois de que os nosos igualasen a contienda, tiveron unha gran ocasión para levarse a vitoria prácticamente na última xogada do partido. Aarón, Mario e Xoán foron os goleadores.

Moita emoción no partido do Play Off da 1ª Autonómica Prebenxamín entre ED Ourense e Pabellón CF que acabarían levándose os nosos (3-4). Ao descanso o marcador era de empate a douses. Mario (2), Mateo e Álvaro anotaron os tantos. Finalmente, no Torneo Ourense Prebenxamín o Pabellón Promesas acabaría cedendo ao empuexe do Barbadás (3-0) nunha cita que se desequilibraría traspasado o ecuador da segunda metade. 

Fútbol 8 / Resumo da xornada