El tiempo
martes. 16.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Fútbol 11 / Resumo do 15 e 16 de febreiro

P2030383
Os nosos representantes nas diferentes categorías e divisións na modalidade de Fútbol 11 firmaron unha excelente fin de semana con soamente dúas derrotas nos nove partidos que disputaron.

LIGA GALEGA XUVENIL
Bo partido do Xuvenil B pero c pron escaso premio ao final (1-1) dos noventa minutos contra o Alondras CF B nos Remedios. Os de Guillermo García, que tiñan vantaxe ao final da primeira parte (1-0) co tanto de Mociño, tiveron ocasións máis que suficientes para facerse co que houbese sido unha xusta vitoria, pero a falta de definición acabounos penalizando.

Nunha xogada aillada avanzada a segunda metade supuxo o penalti que aproveitaron os visitantes para empatar o partido. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Boa vitoria do Xuvenil C contra o CD Barco (4-2) no campo de Os Remedios. Na primeira metade os pabellonistas estiveron moi ben pero soamente rentabilizaron cun gol de Álvaro o alto número de ocasións que dispuxeron.

Na segunda parte o valdeorreses sairon fortes apretando moito para darlle a volta ao marcador con dous tantos nun espazo de dous minutos (1-2). A reacción local nos se fixo esperar e con orgullo e raza remontaron o choque no tramo final coas dianas de Iago, Antón (de penalti) e Falú. Ver clasificación.


DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Empate que soubo a pouco do Cadete A no campo do Bertamiráns CF (2-2). Os de Abel Afonso chegaron a ter vantaxe de dous goles -Izan e Mauro- ao final da primera parte cun gol nos primeiros minutos e outro sobre a bocina.

Na segundo tempo, como os partidos duran ata que pita o árbitro o final, os santiagueses acabarían empatando con dous goles nos dez minutos finais. Os pabellonistas tiraron pola borda unha vitoria que tiñan moi encamiñada. Ver clasificación.


LIGA GALEGA CADETE
Vitoria cómoda e xusta do Cadete B (4-1) nos Remedios contra o Colexio Hogar. Os de pabellonistas sempre foron por diante no marcador. Ao descanso tiñan un favorable 2-1 despois de gozar de dous goles de vantaxe -Unai e Amills-. No segundo tempo conseguirían redondear a vitoria cos dous tantos de Peke e Esteban. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA CADETE
Na puido facer o Cadete Promesas no campo de O Aguillón contra un pletórico CD Rúa (5-1). Os valdeorreses sempre foron superiores e os de Quique Serantes, que estiveron por debaixo das súas posibilidades, nunca tiveron opción. Ao descanso os locatarios xa tiñan dous goles da renda (2-0) e na segunda ampliaron distancias. Ver clasificación.


LIGA GALEGA INFANTIL
Pese á derrota (4-1) do Infantil A contra o RC Deportivo no Mundo do Fútbol, os de Rubén García fixeron un bo partido nun campo con deficiencia no céspede das dúas áreas, algo que soubo aproveitar ben o cadro local.

No primeiro tempo os nosos xogaron con vento en contra, o que aproveitou o rival para buscar pronto o área pabellonista, nunha acción desas e un mal bote do blaón chegaría o primeiro tanto deportivista e o segundo antes do descanso nun saque de esquina que foi freándose co vento dificultando a recepción do meta branquiverde. O Pabellón tivo catro ataques moi claros sen fortuna na definición.

No segundo tempo un disparo dende a frontal do área botou dúas veces variando a traxectoria do balón e introducóndose na portería para o 3-0. Acortaron distancias os nosos co gol de Ibai nuna boa acción, pero o Dépor apuntillaría co cuarto tanto nun remate a espaladas da meta ourensán que acabaría entrando. Ver clasificación.


1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Traballada vitoria, cuarta consecutiva, do Infantil B nos Remedios contra a EDC Barbadás (2-1). Os de Juan Carballo estiveron mellor que o rival na primeira parte cun gran traballo na zona central á hora de recuperar balóns de segundas accións. Ao gol de Jhonny hay que engador dúas accións máis de perigo que puideron cambiar o resultado ao descanso (1-0).

Busco reaccionar o cadro visitante na reanudación despois dalgunha variación táctica unido a un conxunto local inseguro pasando os peores minutos do partido. Un penalti a dez do final permitiría a igualada dos visitantes. No tramo final do partido un balón en profundidade de Matías cluminouna Hugo Alcázar para o 2-1 que resultou definitivo. Ver clasificación.

Tamén saiu airoso (0-2) do Infantil Promesas na visita ao CD Barco no campo de Villoira. Despois dunha boa primeira meta os pabellonistas soamente rentabilizaron as ocasións co solitario tanto de Iker (0-1).

No segundo tempo o guión apenas variou e os pabellonistas tiveron sempre o control do partido pero faltaba apuntillar o choque, algo que conseguirían co penalti transformado por Adán. Ver clasificación.


TORNEO CONSERVAS CALVO ALEVÍN F-11
Bo partido en liñas xerais do Alevín A en Cotogrande para facerse cunha vitoria (2-7) con autoridade contra a UD Santa Mariña. Ao final da primeira metade os de Antonio Parrilla xa tiñan un importante parcial (1-4) que despois ampliarían na segunda metade. Amorín (2), Dosantos, Diego, Nico, Iker e Borja repartíronse os tantos. Ver clasificación.

Fútbol 11 / Resumo do 15 e 16 de febreiro