El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Fútbol 11 / Resumo do 8 e 9 de febreiro

P2030156
Os nosos representantes do Fútbol 11 solventaron con boa nota a xornada da pasada fin de semana, na que soamente houbo tres derrotas nos nove partidos que disputaron.

LIGA GALEGA XUVENIL
O Xuvenil B non desaproveitou a súa visita ao campo do Rápido de Bouzas, penúltimo clasificado, para sumar os tres puntos (1-2). Cun cadro local apurado de puntos a cita foi igualada e intensa. A primeira metade non deixou goles pero sí ocasións para uns e outros.

Na segunda parte os de Guillermo García tiveron máis pegada tomando unha renda de dous goles anotados por Mociño e Cacharrón nunha contra. O tantos dos locatarios chegaría na última xogada do partido. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Non houbo goles (0-0) no partido do Xuvenil C contra a UD Ourense "B" no campo de O Medo. A cita foi moi disputada nun campo de reducidas dimensións. Os de Marcial González tiveron tres claras ocasións para haber sumado os tres puntos pero faltoulles puntería no remate. Ver clasificación.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Importante vitoria do Cadete A nos Remedios contra o Ural CF (1-0) para manter a bastante distancia a zona de descenso e pensar en escalar posicións na táboa. 

O choque foi moi táctico e con poucas ocasións para ambos conxuntos. Ao descanso o marcador permanecía inamovible. O gol do triunfo para os de Abel Afonso chegaría por medio dun disparo de Mauro dende fóra do área a quince minutos da conclusión.

Nese tramo final os nosos tiveron un par de contras para matar o partido, a máis clara nunha boa acción de Amanuel que despois de regatear ao porteiro cun autopase o seu disparo petaba no pao. Ao final tres puntos máis para ter máis preto o obxectivo da permanencia. Ver clasificación.

LIGA GALEGA CADETE
O Cadete B tiña unha complicadísima saída (3-1) ao Baltasar Pujales para medirse a un Rápido de Bouzas -no ascenso directo- que loita polo título co RC Celta "B". Os vigueses, cunha soa derrota como local en dez partidos, tomaron vantaxe no marcador aos nove minutos chegándose ao descanso con ese solitario tanto.

No comezo da segunda parte Roy marcaría o gol da igualada e foi nos últimos dez minutos cando os vigueses resolverían a cita nun tramo final no que os pabellonistas perderian por dobre amonestación a Machaca. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Derrota do Cadete Promesas (1-2) nos Remedios contra o Ourense CF "B" nun choque moi disputado. Os de Quique Serantes situaríanse por diante cun tanto de Nacho, pero preto do descanso os visitantes empatarían cunha falta directa. Ao final do primeiro tempo empate a un tanto.

No segundo tempo a falta de definición no remate acabaría castigando aos nosos nun error defensivo que permitio o segundo gol dos de Oira para levarse os tres puntos. Ver clasificacion.

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE CAMPIONATO
Derrota do Infantil A nos Remedios (1-2) ante un Bertamiráns CF que foi xusto vencedor. Ao descanso os visitantes tiñan vantaxe mínima e avanzada a segunda parte ampliarían distancias. O gol de Álex Prieto para os de Rubén García chegaría co partido prácticamente rematado. Ver clasificación.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
O Infantil B rentabilizou uns primeiros minutos moi bos no campo da Carabina, para tomar vantaxe de dous goles obra de Adrián e Hugo Alcázar contra a UD Ourense "B", ao que acabaría superando (0-4).

Antes de ramatar o primeiro tempo, cos locatarios arriscando en ataque, unha contra dos de Juan Carballo cluminouna Hugo Alcázar para incrementar distancias. No segundo tempo os branquiverdes controlaron a situación e incluso incrementaron distancia cunha cuarta diana de Jhonny, Ver clasificación.

Tamén saiu vitorioso (4-1) o Infantil Promesas contra o CD Santa Teresita nos Remedios. Os de Carlos Amorín foron xustos vencedores nunha cita que dominaban ao descanso pola mínima. Na segunda parte ampliarían distancias froito do dominio exercido. Cantón (2), Joaquín e Adán anotaron os goles. Ver clasificación.

TORNEO CONSERVAS CALVO ALEVÍN F-11
Entretido partido nos Remedios entre o Alevín A e o Bertamiráns CF na segunda xornada deste torneo que se resolvería a favor dos de Antonio Parrilla (3-2). Ao descanso o marcador era de empate a douses -goles de Borja e Iker- nunha fase na que os visitantes anotarían primeiro e logo da remontada local volverían a igualar o choque.

No segundo tempo a cita foi gañando en emoción a medida que pasaban os minutos pola incertidume do marcador. Nun ida e volta os pabellonistas aproveitaron unha ocasión por medio de Mateo Dosantos para desequilibrar o partido a dez do final.  Ver clasificación.

Fútbol 11 / Resumo do 8 e 9 de febreiro