El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Dúas derrotas e seis vitorias no Fútbol 11

P2020091
Os nosos representantes do Fútbol 11 completaron unha xornada con seis vitorias e dúas derrotas nas que o Xuvenil "B" perdeu a súa condición de invicto.

LIGA GALEGA XUVENIL
Despois de dez xornadas sen coñecer a derrota, o Pabellón CF "B" caía a mans do CD Lérez (4-2) en terras pontevedresas. Na primeria parte faltoulle fortuna ao equipo de Guillermo García, que despois de tomar vantaxe no marcador cun gol de Anxo, dispuxo de dúas claras ocasións para incrementar distancias pero o balón non quixo entrar.

Tamén houbo tempo para a polémica xa que os pabellonistas reclamarían o que interpretaron como un claro penalti que non sinalou o colexiado. Nos últimos cinco minutos da primeira metade os locatarios conseguirían darlle a volta ao partido, chegándose ao descanso con ese marcador (2-1).

No segundo tempo os nosos sairon a polo empate e novamente Anxo marcaría para a igualada a douses. Pouco durou a alegría nos branquiverdes xa que instantes máis tarde un penalti daría nova vantaxe aos pontevedreses, que instantes despois anotarían o cuarto.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Nun partido moi competido o Pabellón CF "C" superaba no campo de A Carabina á UD Ourense "B" (0-2). Os de Marcial González rentabilizaron as poucas ocasións que tiveron. A primeira metade finalizou sen goles cun remate ao pao de Iago pero cun cadro local asediando a meta pabellonista.

No segundo tempo dúas contras finalizadas por Mateo e Roberto deron unha suculenta vantaxe aos nosos diante dun rival que puxo toda a carne no asador para buscar rentabilidade no marcador. Martín, con tres boas intervencións, mantivo a portería a cero e a vitoria caeu do lado branquiverde.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
O Pabellón CF tiña, de entrada, unha misión imposible coa visita do RC Celta nos Remedios (0-2). Os de Abel Afonso estiveron moi vivos todo o partido aínda que o rival tomaría vantaxe no ecuador da primeira parte.

A polémica estivo servida cando na segunda parte un claro derrubo no área celeste a un xogador local non foi sinalada como penalti. A xogada puido dar opción de empata para os branquiverdes, que tamén o tiveron nos últimos instantes nin disparo cruzado de Marcos. Na acción seguinte os vigueses anotarían o segundo.

LIGA GALEGA CADETE
Traballada vitoria do Pabellón CF "B" no campo da Xunqueira diante do Salgueriños CF (1-3). Os branquiverdes tomaron unha vantaxe de dous goles na primeira metade co dobrete de Amills que foi decisiva. No arranque da segunda parte o terceiro gol obra de Peke nunha excelemte contra dos de José Dopazo parecía darlle tranquilidade ao partido despois de que os pontevdreses sairan a por un tanto que os metese de cheo na cita.

Un penalti avanzada a segunda parte serviu para que os locatarios acortasen distancias, pasando o partido por un treito final cos anfitrios buscando acortar máis distancias e os pabellonistas intentando apuntillar. Finanlmente, o marcador permaneceu inamovible.

1ª AUTONÓMICA CADETE
O Pabellón Promesas clasificouse matemáticamente a falta de dúas xornadas para o Play Off despois de gañar a domicilio ao CD A Purísima "B" (0-8). Os de Quique Serantes dominaron de principio a fin anotando catro tantos en cada tempo, David (2), Álex Blanco (2) Xoel (2), Bugallo e Nacho anotaron os goles.

LIGA GALEGA INFANTIL
Vitoria clara do Pabellón CF nos Remedios (8-0) contra o Porriño Industrial. Os pabellonistas tiñan moito camiño avanzado ai final da primeira metade (3-0) e na segunda as diferenzas no campo aínda forron maiores para os de Rubén García. Álvaro, Manu Cougil, Lamus, Ibai, Antón, Quintas e Julián anotaron os tantos dun equipo situado entre os oito primeiros que disputarían o Play Off.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
O Pabellón CF "B" obtivo unha vitoria mínima (0-1) na visita aá UD Ourense "B" no campo do Medo en Vilariño na última xornada deste grupo. Os de Juan Carballo controlaron a situación ata moi avanzado o partido despois de que Gunche anotase o único gol á media hora de xogo.

Os locatarios intentaron acumular moita xenta na área pabellonistas no tramo final colgando balóns pero sen levar perigo. Agora chegará o Paly Off para os que se clasificaron os cinco primeiros. Ver clasificación.

Ata os minutos finais o Pabellón Promesas non puido concretar o seu triunfo nos Remedios contra o CD Santa Teresita (4-0). Os goles foron obra de Adán, Ander, Joaquín e Iván. Os cinco primeiros accederon ao Play Off que comeza a próxima semana. Ver clasificación.

Dúas derrotas e seis vitorias no Fútbol 11