El tiempo
miércoles. 17.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Bo bagaxe dos nosos equipos de Fútbol 11

P2010949
Cinco triunfos, un empate e dúas derrotas foi o balance dos nosos representantes do Fútbol 11 nos oito partidos que disputaron na pasada fin de semana.

LIGA GALEGA XUVENIL
Reparto de puntos nos Remedios entre Pabellón "B" e CD Ribadumia (1-1). Os pabellonistas tiveron un rival moi intenso e moi vertical en ataque que creou moitos problemas xa no arranque do partido con tres ocasións moi claras. Por fortuna os de Guillermo García situáronse por diante cun tanto de Juan, pasando posteriormente o choque por unha fase de certa igualdade.

No segundo tempo o Ribadumia puxo toda a carne no asador facendo un desgaste enorme de intensidade que puxo aos locatarios contra as cordas. Ante tal panorama chegaría a igualada e os visitantes seguían creando oportunidades nas que o meta pabellonista Brais evitou en varias ocasións o gol. Ao final hai que dar por bó o punto contra un adversario tremendamente correoso.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Vitoria ampla do Pabellón "C" no Luis Bodegas (0-12) diante do CF Monforte "B", nun partido inusual no que os pabellonistas xa marcaran once goles na primeira metade.  Mateo (5), Mael (3), Luis (2), Antón e Gabriel anotaron os tantos.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Derrota do Pabellón CF no Lino Balado diante da ED Xuventú de Orosos (2-1) no que supuxo a tercerira derrota pola mínima diferenza a domicilio dos de Abel Afonso nun partido muy físico. A primeria metade rematou con empate a un tanto despois de que Mauro nivelase a vantaxe que tomaran os locatarios á saída dun saque de esquina.

No segundo tempo o Xuventú de Oroso volvería a adiantarse de forma definitiva ao aproveitar de novo un saque de esquina despois de que os nosos tivesen un par de accións claras para situarse por diante no marcador. Co resultado en contra os pabellonistas intentaron rescarta, polo menos, un punto pero non puido ser.

LIGA GALEGA CADETE
Traballada vitoria nun partido complicadísimo para o Pabellón "B" contra o CD Areosa nos Remedios (2-0). Os vigueses tiveron maioritariamanete o balón pero sen crear ocasións de perigo sobre o portal local, en parte gracias á gran labor defensiva dos pabellonistas. O primeiro tempo consumiuse sen goles e sen ocasións.

Dous goles nun espazo de dous minutos na segunda parte obra de Roy, nunha acción de estratexia, e de Amills, déronlle unha importante vantaxe aos de José Dopazo, que posteriormente souberon controlar a un Areosa que buscou o gol con máis corazón que cabeza. Finalmente, o marcador permeneceu inamovible e os puntos quedaron na casa.

1ª AUTONÓMICA CADETE
Pouco que contar do partido entre Pabellón Promesas e Ourense CF "C" (10-0) no que os de Quique Serantes diminaron de principio a fin para facerse cun amplo marcador.Nacho (2), Pereira, Pedro, Isay, Xoel, Ramón, Matías, Sanjuán e Álex foron os goleadores.

LIGA GALEGA INFANTIL
O Pabellón CF sumou os tres puntos (1-0) contra a ED Val Miñor nos Remedios nun choque que se decidiu nos últimos minutos cun tanto de Serawit. O equipo local tivo enfrente un gran rival que suobo manexab ben o balón pero que nunca atopou espazos na ona defensiva locataria despois dun traballo inmaculado nesta faceta.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Nun partido con dous tempos moi diferentes, o Pabellón "B" superou no Luis Bodegas ao CF Monforte (1-3). Nos primeiros corenta minutos os de Juan Carballo dominaron totalmente e cos goles de Alcázar, José e Hugo Martínez, fóronse ao descanso con unha suculente renda. No segundo tempo o partido estivo falto de ritmo e xa case co tempo cumprido os monfortinos marcarían o seu gol.

Mentres, o Pabellón Promesas caía de forma máis que inmerecido diante da EDC Barbadás (0-1) nos Remedios. Os locatarios tiveron moitísimas ocasións de gol desplegando un bo fútbol diante dun rival que marcou na única vez que pisou o área local na primeira metade. Na segunda o guión mantívose, en menor medida, pero a fortuna non acompañou aos de Carlos Amorín.

Bo bagaxe dos nosos equipos de Fútbol 11