El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

FÚTBOL 11

Os quipos de Fútbol 11 firmaron unha boa xornada

P2010742
Os nosos representantes nas diferentes categorñia do Fútbol 11 firmaron unha boa xornada que estivo marcada pola intensa choiva do sábado. Cuatro vitorias, tres empates e unha derrota foi o balance que deixaron.

LIGA GALEGA XUVENIL
O Pabellón  "B" sumou un punto en Cotogrande (1-1) na súa visita á UD Santa Mariña. Aos tres minutos os locatarios xa mandaban no marcador nunha fase inicial na que os de Guillermo García tardaron en entrar no partido, consumíndose o primeiro acto con ese marcador.

Sentoulle ben o descanso aos pabellonistas, que sairon moi enchufados na segunda metade e xa aos catro minutos conseguiron empatar por medio de Anxo. A partir dese momento uns e outros buscaron a vitoria e os nosos tiveron un par de ocasións para taerse os tres puntos pero non houbo fortuna na finalización. Despois deste resultado o equipo segue lideranto a táboa con 17 puntos e sen coñecer a derrota.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL
Tiña un partido impñortante o Pabellón "C" nos Remedios contra un rival directo como o Antela CF para meterse na zona de Play Off e ao final conseguiu facerse coa vitoria (2-1). Os de Marcial González ofreceron dúas caras moi diferentes. Na primeira media hora de xogo os limiaos levaron a iniciativa adiantándose no marcador aos seis minutos. No último cuarto de hora desta fase o equipo estivo mellor e chegaría o empate por medio de Chema, chegándose ao descanso con táboas.

Na segunda parte os pabellonistas estiveron a un nivel alto superando ao rival e anotando aos sete minutos o gol que certtificaba a remontada por medio de Arturo. Ata o final non houbo máis novidades e a vitoria quedouse na casa.

DIVISIÓN DE HONRA CADETE
Reparto de puntos nos Remedios entre Pabellón e Racing de Ferrol (1-1) nun partido no que non houbo un claro dominador. Sampayo afiantou aos de Abel Afonso ao fio do cuarto de hora e cando mellor estaba o equipo, un zapatazo dende 30 metros facilotou o empate para a escuadra departamental a escasos minutos do descanso. Ainda que no segundo tempo parecía que os locatarios tiveron máis iniciativa, apenas houbo ocasións para pensar na vitoria.

LIGA GALEGA CADETE
Non puido sumar o Pabellón "B" no campo de Condomínguez, onde caía (4-0) a mans da ED Val Miñor "B". Ao descanso os de Nigrán tiñan vantaxe mínima no marcador e dous goles no primeiro cuarto de hora dos locatarios deixaron as cousas moi difíciles para os de José Dopazo, que acabrían encaixando o cuarto a cinco do final.

1ª AUTONÓMICA CADETE
O Pabellón Promesas fíxose cun triunfo de moitísimo valor no campo do CD Barco (0-2). Os valdeorreses levaban un pleno de vitorias e os de Quique Serantes. Un gol de Pedro na primeira parte permitiu que os branquiverdes mandase no marcador nunha fase na que o meta local resultaría expulsado ao derribar a Matías nunha ocasión clara de gol.

Na segunda parte o equipo realizou un excelente traballo en labores defensivas e o gol de Matías no tramo final foi determinante. Despois de sete xornadas o equipo é quinto nun grupo tremendamente igualado con 13 puntos.

LIGA GALEGA INFANTIL
Partido cómodo para o Pabellón no campo da ED Arousa (0-11). Os de Rubén García xa tiñan máis que encarrilada a vitoria no descanso despois de anotar sete tantos na primeira metade. Na segunda chegarían cuatro dianas máis. Ismael (3), Lecompte (2), Manu Cougil (2), Ibai, Adrián Martínez, Álex Prieto e Álvaro foron os goleadores.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL
Foi moi superior o Pabellón "B" ao Ourense CF "B" nos Remedios (12-1) nun partido que ao descanso xa estaba vistro para sentenza. Os de Juan Carballo foron dominadores claros durante os oitenta minutos. Hugo Alcázar (5), Ribao (5), Añel e Gallego anotaron os tantos. O equipo é segundo na táboa sen coñecer a derrota despois de seis xornadas.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas tivo que conformarse cun punto (1-1) no Cardenal Quiroga contra o CEDC Maceda. O estado do terreo de xogo pola intensa choiva condicionou o xogo dos de Carlos Amorín, que encaixaron o gol na única acción de perigo do cadro local. No segundo tempo os pabellonistas adaptáronse ás condicións do campo e pasaron a dominar completamente ata que Xabi conseguiu igualar o choque.

Posteriormente chegaron máis oportunidades pero non houbo fortuna no remate. Destacar o esforzo de todo o equipo diante dun rival ao que lle axudou as dificultades que ofrecía un campo moi encharcado. O equipo é terceiro con 13 puntos.

Os quipos de Fútbol 11 firmaron unha boa xornada