El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Mal fin de semana

Xuvenil "B" e Infantil "A" sumaron as únicas vitorias dunha xornada pouco propicia

Xuvenil "B" e Infantil "A" sumaron as únicas vitorias dunha xornada pouco propicia

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil foi un dos dous cadro pabellonistas que pudieron sumar os tres puntos ao facerse coa vitoria no campo do Calasancio (0-1) nun partido que se resolvería a favor dos nosos cun gol de Janfry avanzada a segunda metade. A cita foi unha loita titánica sobre un terreo de xogo en non moi boas condicións. Os de Anxo Valcárcel encadean una reacha de seis partidos sen perder.

Pola súa parte, o Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil tivo que conformares cun punto (1-1) no sempre complicado campo de Eiroás contra o Santa Teresita. Mateo adiantaría aos nosos pouco despois do cuarto de hora e os locatarios empatarían avanzada a segunda metade. Rodrigo foi expulsado no desconto nas nosas filas.

Na División de Honra Cadete o Pabellón viuse superado nos Remedios (0-4) por un Pontevedra que liquidaría o partido na primeira media hora cos catro goles que acabaría anotando. Na segunda metade o marcador non se movería. Tampouco lle foi ven ao Pabellón "B" da Liga Galega Cadete na súa visita ao líder Celta "B", aínda que a drrota entraba na lóxica pura e dura. Os olívicos non deron opción aos nosos (7-0) nun choque que xa estaba decidido ao final da primeira meta.

Reparto de puntos nos Remedios dentro do Torneo Base Cadete entre Pabellón Promesas e Bosco (3-3). O cadro colexial chegaría a ter dous goles de vantaxe que serían neutralizados polos locatarios por medio de Damián e Christian -de penalti-. Os últimos minutos do partido foron intensos. O Bosco tomaría de novo distancias no que parecía deixar o partido resolto pero inmediatamente despois os de Enrique Silva devolverían a igualadade ao marcador cunha diana de Damián.

No Play Off da Liga Galega Infantil o Pabellón sumaba os tres puntos (0-1) en Redondela na súa visita ao Choco. Despois dun primeiro tempo sen goles, no inicio da segunda metade Joel Vázquez anotaría o tanto que acabaría decidindo o partido. En canto á Fase de Permanencia o Pabellón Promesas viuse superado nos Remedios (0-3) polo Areosa, que ao descanso xa mandaba pola mínima (0-1).

Finalmente, no Play Off da 1ª Autonómica Infantil o Pabellón "B" cedía ante o Santa Teresita (0-3) nos Remedios encaixando dous goles na primeira parte nun espazo de dous minutos  un nos instantes finais.

Fútbol 11 / Mal fin de semana