El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

ALEVÍS

Fin de semana perfecto nos alevís

P1990858

Nunha fin de semana na que descansou o Pabellón Promesas, os outros tres conxuntos branquiverdes sacaron adiante os seus compromisos con solvencia.

O Pabellón CF da 1ª Autonómica, clasificado para a Fase Galega, resolvía con comodidade a vistia do Arenteiro ao campo de Os Remedios (7-0) con dous tantos na primeira metade e cinco na segunda. José (2), Martín, Adán, Hugo, Ánder e Julián foron os goleadores. O equipo é lider do Play Off.

No Play Off da 2ª Autonómica o Pabellón "B" vencía a domicilio á EDC Verín "B" (2-6) despois de marcharse ao descanso con vantaxe (0-2). Borja (2), Iker (2), Hugo e Nico foron os goleadores dun equipo que lidera a táboa invicto.

Tamén estivo aplicado de cara ao gol o Pabellón "C" na última cita do Grupo 43 da 2ª Autonómica contra o Bande (9-1). Anxo Cao (3), Aitor (2), Mikel, Enzo, Arturo e Breogán anotaron os goles. Os de Xabi Pereira acabaron sexto na táboa con 28 puntos. Esta fin de semana comezan a Copa Deputación.

Fin de semana perfecto nos alevís