Imprimir

Éxito final para o Infantil "B" na Copa Delegación

Pabellón Club de Fútbol | 19 de junio de 2019

O Pabellón "B" levouse o Torneo Delegación ao vencer na final á EDC Barbadás (2-1) na final que se disputou no campo de O Xeixo en Santa Cruz de Arrabaldo.

Os de Rubén García completaron un excelente torneo ao gañar todos os partidos que disputaron, primeiro na fase de grupos, e posteriomente nas semifinais e final. No partido decisivo no Xeixo o Barbadás comezaría apretando pero sin levar perigo a través do xogo á meta branquiverde, pero sí en accións de estratexia. Nunha delas o balón toparíase co pao de meta defendida por Izan e o posterior rechace, coa portería valeira, iríase fóra.

Esta acción parece que espertou aos pabellonistas, que comezaron a crear ocasións de gol e despois dun balón ao traveseiro Cerdeira aproveitaría o rexeite para colocar o 1-0. A escasos instantes do descanso Matías situaría o 2-0 ao culminar unha contra, chegándose ao final do primeiro tempo con esa importante renda para os nosos.

Na reanudación o Barbadás saiu a por todas pero o Pabellón non deu opcións defendendo con orden e solvencia e incluso en ataque dispuxo de ata catro claras oportunidades en mans a man co meta rival, para senetenciar o choque pero non houbo fortuna na definición.

Transcurrían os minutos sen que o marcador se movese ata que o rival acortou distancias a sete minutos do final que estiveron cheo de emoción e incertidume. Dúas grandes ocasións de Matías puideron sentenciar a contienda, pero o marcador finalmente permenceu inamovible. No cómputo xeral o Pabellón mereceu un resultado máis holgado. Ver ficha técnica.

Aproveitamos esta nova para felicitar a técnico e plantilla do equipo por este excelente final de tempada con premio final.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/blog/exito-infantil-b-ao-superar-edc-barbadas/20190619115753002381.html


© 2020 Pabellón Club de Fútbol

PABELLÓN CLUB DE FÚTBOL

Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2 - 32003 Ourense
Correo electrónico: [email protected]
Teléfono: 900809242
Fax: 988980500