El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Foi moi superior á UD Mugares (11-0)

Senior
Vitoria ampla do Pabellón CF da Terceira Galicia sobre a UD Mugares (11-0) nun partido cómodo para os nosos e que ao descanso xa estaba sentenciado.

Os once goles que anotaron os branquiverdes foron a mostra da superioridade dos branquiverdes ao longo dos noventa minutos diante dun voluntarioso rival. Ao final do primeiro tempo os de Charli Álvarez xa anotaran cinco goles e na segunda metade o intenso dominino e ocasións que crearon os pabellonistas propiciaron seis dianas máis. Santi (2), Javi Pataco (2), Permuy (2), Moncho (2), Iván, Carid e Óscar Vivián foron os goleadores. Ver ficha técnica.

Despois de seis xornadas o equipo ocupa a terceira praza con 13 puntos en zona de ascenso. Ver clasificación. Na próxima xornada afrontan unha difícil saída ao campo do Lodario para enfrontarse ao CD Cea, que ten 12 puntos.

Foi moi superior á UD Mugares (11-0)