El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

O equipo viaxou moi mermado (5-1)

P1980063

Non caben excusas pero o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil viaxou totalmente en cadro -sete baixas- para enfrentarse ao Lugo "B". As consecuencias foron a derrota abultada no campo de A Cheda (5-1).

Os pabellonistas viaxaron con seis baixas -Iván, Sergio, Alberte, Carracelas, Osián e Fidalgo- unida á anterior dende fai moitas xornadas de Miguel, algo que evidentemente acusou o equipo diante dun Lugo "B" que encarrilou o partido na primeira parte con tres goles (3-0) os dous primeiros antes do cuarto de hora e nun espazo de dous minutos. O terceiro chegaría a dous para o descanso.

Na segunda metade os de Cándido Gómez encaixarían dous novos tantos como froito do dominio que exerceron os locatarios. Raúl anotaría o tanto da honra nos últimos instantes. Ver ficha técnica. O equipo ocupa a novena praza do grupo con 44 puntos. Ver clasificación.

O equipo viaxou moi mermado (5-1)