El tiempo
martes. 23.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

Derrota do Xuvenil "B" nos Remedios

P2000372

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil caeu nos Remedios contra a EDC Barbadás nun partido que nunca debeu perder (0-1).

Os pabellonistas levaron o peso do partido, tiveron ocasións para facerse coa vitoria e acabarían encaixando aos once minutos da segunda metade un gol por unha falta de entendento nun balón que non revestía perigo.

O Barbadás apenas inquietaría a meta local e soamente avanzado o segundo tempo, cando xa mandaba no marcador, tivo a ocasión máis clara dos noventa minutos na que Alberto evitaría o tanto. Sergio, unha en cada tempo, tivo as mellores ocasións pabellonistas antes de que chegase o tanto visitante. Ver ficha técnica. Despois deste marcador os nosos son cuartos na táboa do grupo sur. Ver clasificación.

Derrota do Xuvenil "B" nos Remedios