El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-FASE PERMANENCIA

O Areosa foi moi superior e acabou goleando (8-0)

P1990315

Abultada derrota do Pabellón Promesas no campo de A Xunqueira na Fase de Permanencia da Liga Galega Infantil diante dun Areosa que non lle deu opción (8-0).

 

O Areosa, un histórico que loita por evitar a quinta praza de descenso, asestou unha dura derrota aos nosos nunha cita que ao descanso xa estaba decantada do lado local (4-0) con dous goles dende o punto de penalti. Na segunda metade os vigueses redondearían a vitoria no tramo final do enfrontamento. Ver ficha técnica.

A falta de seis xornadas para a conclusión da competición tres equipos xa están descendidos de forma matemática -Coruxo, Rápido de Bouzas e Pabellón Promesas- e o Calasancio de forma virtual. Resta por decidir a quinta posición para a que están implicados cinco conxuntos. Ver clasificación.

O Areosa foi moi superior e acabou goleando (8-0)