El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA CADETE

Gañou a un Rápido de Bouzas moi físico (3-2)

P1990882

Despois de oito xornadas consecutivas sen gañar, o Pabellón "B" da Liga Galega Cadete rachou con esa serie negativa despois de vencer (3-2) a un Rápido de Bouzas moi físico.

As cousas comezaron moi mal para os de Miguel Alonso, que aos tres minutos viron como o rival tomaba vantaxe no marcador (0-1). Foi un duro golpe pero os nosos que reaccionaron dándolle a volta ao partido con dous tantos nun espazo de dez minutos anotados por Álex e Mauro que lle deron osíxeno ao equipo.

No medio de todo iso un par de ocasións para o rival puxeron á bancada co corazón nun puño e outro par de accións de perigo sobre a meta viguesa, incluido un gol fantasma reclamado isistentemente polos locatarios, puideron deixar outro marcador ante de chegarse ao descanso con esa vantaxe mínima (2-1).

A segunda parte tivo moita emoción, de maneira especial a partir da igualada (2-2) nunha falta mal defendida polo branquiverdes cando se cumpría o cuarto de hora do segundo acto. Por fortuna, cinco minutos máis tarde Aitor acertou a levar o balón ao fondo da rede olívica para situar un esperanzador 3-2, foi o mellor antídoto.

Restaban moitos minutos por diante, o equipo comezaba a pagar o esforzo realizado e o rival aproveitaba o seu poderío físico para sacar vantaxe no corpo a corpo xerándose un monfón de faltas co conseguinte perigo que levaba o feito de defender esas accións de estratexia ante rivais de moita envergadura. Ata o final do partido, cunha loga prolongación, os nosos defenderon a morte o resultado para finalizar cunha extensa racha negativa. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o Pabellón "B" deixa a zona de descenso por arrastres -baixan seis en total a día de hoxe- a cinco puntos a seis xornadas do final da competición. Ver clasificación.

Gañou a un Rápido de Bouzas moi físico (3-2)