El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

BENXAMÍS

O Benxamín "B", protagonista

Benxamín B

O Pabellón "B" benxamín copou o protagonismo na xornada da pasada fin de semana ao proclamarse campión do Play Off da 2ª Autonómica nunha xornada na que os nosos firmaron un pleno de vitorias.

No Play Off da 1ª Autonómica o Pabellón CF resolvía con solvencia a visita ao Bosco nos Salesianos (2-9). Ao descanso os de Enrique Silva xa tiñan vantaxe (2-4). Pablo (6), Mateo e Mario foron os goleadores. O equipo é primeiro na táboa.

O Pabellón Promesas tivon que empregarse a fondo para gañar no Luis Bodegas a un Monforte que vendeu cara a derrota. Héctor Gallego (2) , Dani e Teo anotaron os tantos. Agora afrontarán as semifinais do Torneo Ourense co Santa Teresita como rival. O primeiro partido será en Eiroás. Ver cadro.

A cita máis destacada da xornada estaba no Pabellón "B" - Allariz do Play Off da 2º Autonómica coa opción para os de Abel Afonso e Rubén de proclamarse campións a tres xornadas para o final da competición. Os nosos non fallaron (3-2) aínda que a incertidume apareceu cando o equipo pasou dun 3-0 a un 3-2 nos últimos instantes nos que os visitantes reaccionaron. Por fortuna a cousa non foi a maiores e ao final o equipo puido cantar o alirón. Parabéns a corpo técnico e xogadores.

Nun partido moi aberto con doce goles (3-8), o Pabellón Promesas "B" superaba a domicilio ao Ribadavia Atlético. Álex (4), Xoán (2), Iván e Marcos foron os goleadores. Os nosos son segundos na táboa do Grupo A da Copa Deputación de 2ª Autonómica.

O Benxamín "B", protagonista