El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

O Moreiras vendeu cara a derrota

P2020392
O Pabellón CF da Terceira Galicia sumou este domingo tres importantes puntos no campo de Os Remedios contra un bo rival como foi o CD Moreiras (3-2). Os goles locatarios foron de Carlos Conde, Adrián Carid e en propia meta.

Os de Charli Álvarez sumaron a cuarta xornada consecutiva sumando -tres vitorias e un empate- non sen pasar apuros contra un rival que estivo metido no partido ata o final. Un gol en propia meta abriría o marcador para os nosos aos seis minutos e escasos instantes do final Carlos Conde ampliaría distancia colocando o 2-0.

No retorno de vestiarios o equipo visitante lanzouse ao ataque levando moito perigo en accións a balón parado. En dúas accións deste tipo chegarían sendos goles do contrario que levaron o empate a douses. Quedaban quince minutos por diante e por fortuna un minuto despois desa igualada, Adrián Carid aproveitada un rexeite ao saque dunha falta para situar por diante aos branquiverdes.

Este gol deu algo de aire ao equipo pero o Moreiras, que nese tramo final perdería a un home lesionado despois de facer todos os cambios, busco con ahínco o empate mentres os locatarios trataban de matar o choque nas contras contra unha defensa moi adiantada do Moreiras.

Puido chegar o tanto da tranquilidade nun par de ocasiòns e noutra o colexiado pasou por alto un clarísimo penalti a Numan ao ser agarrado dentro do área. O àrbitro pitou falta fóra. Ao final o marcador non se movería e os puntos quedaron na casa. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o equipo ocupa a terceira praza con 23 puntos en zona de ascenso directo. Ver clasificación. A próxima fin de semana non haberá competición e será o día 15 de decembro cando os nosos reciban ao A Merca CF nos Remedios.

O Moreiras vendeu cara a derrota