domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo
Blog
J8-PabellónCF-Dépor_19

O Pabellón CF visita á ED Val Miñor buscando asentarse nos postos altos

Os branquirdes visitan este domingo 27 de Nadal (12:00 horas) o Campo de Fútbol Condomínguez de Nigrán para enfrontarse á ED Val Miñor na que será a novena xornada de Liga da División de Honra Xuvenil.
J8-PabellónCF-Dépor_21
División de Honra Xuvenil

Inxusta derrota do Xuvenil "A" cun Deportivo salvado pola fortuna

Máis que inxusta derrota do Pabellón CF nos Remedios (2-3) diante dun RC Deportivo que estivo acompañado pola fortuna durante todo o partido, levándose tres máis que excesivos puntos. O meta visitante Brais e a falta de puntería evitaron que o marcador fose outro moi diferente.
P2040645
División de Honra Xuvenil

Vitoria balsámica do Xuvenil "A" en Ferrol

Importante e necesario triunfo (0-1) do Pabellón CF na súa visita ao Racing de Ferrol despois de dúas derrotas consecutivas. Habería que tirar de hemeroteca para atopar a anterior vitoria dos branquiverdes, que non lembramos, en terras departamentais no que era unha sáida para o primeiro equipo xuvenil sempre estéril para os seus intereses.
J5-PabellónCF-CDCalasanz_1
División de Honra Xuvenil

Duro revés do Xuvenil "A" nos Remedios

Duro revés do Pabellón CF no campo de Os Remedios ao caer (0-1) contra o CD Calasanz nun partido que se decidiu cun gol visitante no primeiro terzo do segundo tempo. Os nosos acbaron o partido con dez pola expulsión de Yago nos minutos finais.
IMG-20201122-WA0004
División de Honra Xuvenil

O Xuvenil "A" regresou de vacío de Redondela

Derrota pola mínima (1-0) do Pabellón CF na súa visita ao CD Choco no campo de Santa Mariña en Redondela. Un gol dos pontevedreses na primeira metade resultou definitivo.
P2040613
División de Honra Xuvenil

Derrota do Xuvenil "A" ante un RC Celta superior

Un RC Celta efectivo en ataque, e tamén dominador, derrotou con contundencia a un Pabellón CF ao que o partido se lle fixo longo debido á superioridade dun rival que como mellor campión dos sete grupos da pasada tempada estará nesta por primerira vez na Youth League.