El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LG Cadete: Pabellón "B" 6 Salgueiriños 0

Os branquiverdes anotaron todos os goles na segunda parte despois dun primeiro tempo no que estivo impreciso

Os branquiverdes anotaron todos os goles na segunda parte despois dun primeiro tempo no qu estivo impreciso

Pabellón "B" da Liga Galega Cadete sumou os tres puntos (6-0) diante do Salgueiriños no campode Os Remedios nunha cita que tivo dous tempos moi diferentes.

Na primeira metade o cadro local nunca estivo cómodo no campo e bastante impreciso cun rival que o fixo mellor e que incluso levou perigo á meta local. Na acción máis clara Hugo evitou un gol en propia meta logo dun despexe defectuoso dun compañeiro. Neste primeiro acto os pabellonistas apenas inquietaron o marco rival.

Sentoulle ben o descanso aos branquiverdes que á volta de vestuarios deixaron o partido encarrilado con cuatro goles en quince minutos obra de José. Co rival moi tocado Anxo e Iker completarían o marcador final. Ver ficha técnica. Despois desta vitoria o equipo ocupa a quinta praza do grupo. Ver clasificación.

LG Cadete: Pabellón "B" 6 Salgueiriños 0