El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

1ª Infantil: Promesas 6 CD Rúa 2

Os branquiverdes superaron con claridade nos Remedios a un rival moi correoso

Os branquiverdes superaron con claridade nos Remedios a un rival moi correoso

Sexto partido consecutivo sumando para un Pabellón Promesas que dobregaba (6-2) no campo de Os Remedios a un correoso CD Rúa nunha cita do Play Off da 1ª Autonómica Infantil.

A primeira parte rematou cun favorable 3-1 para os branquiverdes, que traspasado o cuarto de hora inauguraba o marcador. Pese a posterior igualada dos valdorreses, dous novos tantos locatarios puxeron o partido moi de cara. Joel VázquezAlcantarilla e Gallego foron os goleadores.

Na segunda metade mantívose o control dos pabellonistas e marcaron distancias no marcador con outras tres dianas de GallegoJoel Vázquez e Mateo. O segundo dos visitantes chegaría no tempo de prolongación. Despois deste partido o Promesas segue codo con codo na primeira praza coa ED Ourense. 

1ª Infantil: Promesas 6 CD Rúa 2