¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Liga Galega Xuvenil l Vitoria do Pabellón "B" nos Remedios

Liga Galega Xuvenil l Vitoria do Pabellón "B" nos Remedios
24/03/2018
admin

Dous goles na primeira metade e un na segunda facilitaron o triunfo contra o Comesaña

Os Remedios acolleu unha interesante cita da Liga Galega Xuvenil entre Pabellón "B" e Comesaña, segundo contra terceiro, que se decantou do lado local (3-1). Os de Anxo Valcárcel aproveitaron as oportunidades que tiveron na primeira parte para marcharse ao descanso cunha renda de dous goles (2-0) anotados por Hugo e Janfry.

Na segunda metade os vigueses sairon fortes na búsqueda dun gol que os metese de cheo no partido pero a zaga local estivo sempre moi atenta, e incluso os branquiverdes ampliaron distancias cun bonito tanto de Iago Varela ao fio do cuarto de hora. O gol fixo estragos no rival que baixou un pouco a guarda e os pabellonistas controlaron a situación. O tanto do Comesaña chegaría nun erro dos locatarios que propiciou un claro penalti que supuxo o gol forasteiro. Ver ficha técnica. Con este triunfo o equipo, pese as baixas, segue instalado na segunda posición. Ver clasificación.



Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario