El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

Fútbol 11 / Resumo da xornada

Os nosos equipos completaron unha aceptable fin de semana aínda que os tres equipos infantís sairon derrotados

Os nosos equipos completaron unha aceptable fin de semana

A xornada estivo marcada pola derrota dos tres equipos infantís a mans dos seus rivais, mentres que o primeiro equipo xuvenil segue situado nos postos altos da Liga Nacional.

Liga Nacional Xuvenil (Pabellón 2-0 Areosa)
Os goles de Miguel Ángel e Abraham, un en cada tempo, facilitaron a traballada vitoria contra un bo rival que a pasada tempada militaba na Liga de Honra. Deste xeito o equipo encadeou a terceira vitoria consecutiva para situarse na zona alta do grupo.

Liga Galega Xuvenil (Barco 0-6 Pabellón "B")
Por segunda xornada consecutiva os de Anxo Valcárcel viron portería con facilidade e nesta ocasións a domicilio no campo de Villoira. Ao descanso os nosos xa mandaban no marcador (0-2) e na segunda parte as diferenzas foron maiores anotando catro dianas máis. Janfry (2), Caseiro (2), Iago Varela e Corral foron os goleadores.

División de Honra Cadete (Pabellón 4-0 Areosa)
Cuarta vitoria consecutiva para os de Guillermo García que os leva a liderar o grupo. Nesta ocasións superaron a un rival ao que dobregaron por completo na primeira metade (2-0) cos goles de Santi (de penalti) e José. No inicio da segunda parte o rival estivo mellor e incluso levou certo perigo á meta local. Mediado este segundo acto o gol de Cacharrón matou o choque e posteriormente José redondearía o marcador final.

Liga Galega Cadete (Valladares 2-2 Pabellón "B")
Os de Miguel Alonso deixaron escapar dous puntos no desconto despois de marcaharse ao descanso con vantaxe de dous goles no marcador (0-2) con tantos de Diego (de penalti) e Aitor. Aos sete minutos do segundo acto os pabellonistas quedarían en inferioridade numérica pola expulsión de Diego na acción do penalti que transformarían os loctarios, que no desconto rescatarían un punto.

1ª Autonómica Cadete (Pabellón Promesas 3-2 Monforte)
Despois de ter un cómoda marcador con tres goles de diferenza (3-0) os nosos acabaron sufrindo para sumar os tres puntos logo de que o rival recortase diferenzas á mínima nos últimos instantes do partido. Os goles branquiverdes chegarían por medio de Damián (2) e 1 en propia meta.

Liga Galega Infantil (Pabellón 0-2 Celta)
Competiu durante todo o partido o conxunto que adestra José Dopazo pese a que antes da media hora os celestes xa anotaran os dous únicos tantos en todo o partido. Un balón ao pao de Raúl puido darlle maís emoción a un choque que na segunda metade non tivo momevementos no marcador.

Liga Galega Infantil (Ourense CF 9-0 Pabellón Promesas)
Foi superior o cadro local sobre a nosa xoven escuadra dirixida por Carlos Amorín. Ao descanso as cousas estaban moi claras para o rival (5-0), que na segunda metade ampliaría distancias. Toca seguir traballando.

Liga Galega Infantil (ED Ourense 1-0 EF Portero 2000)
O gol de Justino no tramo final do partido acabaría deixando os tres puntos na casa para os de Quique Serantes, que seguen situados na parte alta do grupo.

1ª Autonómica Infantil (Barco 3-2 Pabellón "B")

Non puideron puntuar os de Rubén García neste longo desprazamento a terras valdeorresas. Ao descanso o marcador era de empate (1-1) despois de que Pitu replicase o gol local. Na segunda parte o Barco anotaría dous goles en dez minutos que foron determinantes aínda que o tanto de Cerdeira nos últimos instantes deulle máis emoción ao choque pero non houbo tempo para intentar, polo menos, rescatar un punto.



Fútbol 11 / Resumo da xornada