¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Teléfonos de Contacto
900 80 92 42

Fútbol 8 l Bo balance na fin de semana

Fútbol 8 l Bo balance na fin de semana
26/03/2018
admin

O Promesas prebenxamín clasificouse matemáticamente para as semifinais do Torneo Ourense Base

Os equipos pabellonistas na modalidade de Fútbol 8 completaron unha boa xornada que sse saldou con dúas derrotas, tres empates e cinco vitorias.

1ª Autonómica Alevín (Pabellón 8-0 Ourense CF)
Partido máis cómodo do previsto para os locatarios nos Remedios, que ao descanso xa tiñan moito camiño avanzado (5-0). Izan (2), Serawit (2), Arturo, Simón, Ibai e Álvaro anotaron os tantos dun equipo que segue liderando a táboa. Ver clasificación.

1ª Autonómica Alevín (UD Ourense 2-2 Pabellón Promesas)
Reparto de puntos no Miraflores nunha cita na que os de Abel Afonso neutralizaron a vantaxe que tiveron por dúas ocasións os locatarios. Lucas e Hugo Viso anotaron os tantos. O equipo ocupa a sextra praza na táboa. Ver clasificación.

2ª Autonómica Alevín (Pabellón "B"7-2 CD Rúa)
Os de Jesús Rivera tiveron un rival incómodo nos Remedios ao que acabaron dobregando na segunda metade despois dun primeiro tempo con moita máis igualdade aínda que os pabellónista fóronse aos vestiaros con vantaxe (3-2). José (3), Adán (2), Hugo e Julián foron os goleadores.

2ª Autonómica Alevín (Pabellón "C" 3-3 EDC Xinzo "B")
Empate nos Remedios nunha cita que ao descanso dominaban os limiaos (0-1) e a segunda parte estivo moito máis aberta deixando cinco tantos para firmar táboas. Yeray, José e Dani Dosantos materializaron os goles para sumar contra un rival da zona alta. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (Pabellón 0-1 Ourense CF)
Non tivo seu mellor día o cadro local, que acabaría cedendo ante un rival que fabricou a vitoria na primeira parte e amparado nun traballo defensivo durante todo o partido. De todos os xeitos, dentro da espesura dos branquiverdes, houbo ocasións máis que suficientes na segunda metade, incluido un balón ao pao nos instantes finais, para haberlle dado o triunfo. Pese á derrota o equipo segue liderando a táboa. Ver clasificación.

1ª Autonómica Benxamín (UD Ourense 2-1 Pabellón Promesas)
Nun partido xogado con moitísima intensidade por ambos conxuntos, a balanza acabaría inclinándose a favor na segunda metade despois dun primeiro tempo que rematou en táboas (1-1). Pablo fixo o tanto dos branquiverdes. O equipo quedou situado na oitava praza. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín (Pabellón Promesas "B" 5-1 Bosco "C")

Ampla vitoria para os de Peke nos Remedios nun choque no que marcarína diferenzas na segunda metade despois dunha primeira parte máis ou menos equilibrada (2-1) e na que a escuadra colexial chegaría a empatar. Yago (2), Gabriel (2) e Mateo anotaron os tantos. O equipo ocupa unha meritoria cuarta praza na táboa cun colchón de cinco puntos sobre o seu inmediato perseguidor.. Ver clasificación.

2ª Autonómica Benxamín (EDC Verín "B" 4-4 Pabellón "B")
Táboas no campo de A Granxa nun choque cunha frenética primeira metade que deixou sete goles para marcharse ao descanso mandando no marcador os verinenses (4-3). Na segunda metade chegaría o tanto do empate definitivo para os de Rubén García. Iker (2), Iago e Aitor foron os goleadores. Os pabellonistas son cuartos nunha competición moi igualada na zona media. Ver clasificación.

Play Off 1ª Prebenxamín (Pabellón 8-3 Calasancio)
Marcou primeiro o conxunto monfortino pero ao descanso os locatarios xa lle deran a volta ao marcador (3-1) para marcar distancias nunha segunda parte máis aberta e con máis ocasións. Iker (3). Álex Cougil (2), Dani (2) e Alexandre anotaron os tantos. Os branquiverdes escalan ata a terceira posición. Ver clasificación.

Torneo Ourense Base Prebenxamín (Allariz 2-7 Pabellón Promesas)
A vitoria no Seixo deixou a clasificación matemática do equipo para as semifinais do torneo. Ver clasificación. Os de Enrique Silva tiveron o control do partido en todo momento e ao descanso marcháronse con vantaxe (1-3). No segundo tempo as diferenzas foron maiores. Os goles chegaron por medio de Izan (4), Marcos, Iván e 1 en propia meta.


Post Relacionados

Comentarios

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario