martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Sperou nos Remedios ao Arousa (5-1)

Vitoria do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil nos Remedios contra o Arousa SC na xornada disputada este mércores (5-1).

O equipo sacou adiante con solvencia a cita co Arousa nos Remedios, aínda que tivo que esperar ao segundo tempo para marcar diferenzas xa que ao descanso o marcador era de táboas (1-1) nunha fase na que o meta visitante detivo un penalti lanzado por Fidalgo antes de que Raúl anotase o primeiro. Os visitantes empatarían a oito minutos do descanso despois de gozar dunha fase na que estiveron máis metidos no partidos que os de Cándido Gómez.

Na segunda metade, e despois de que o Arousa quedase en inferioridade numérica pola expulsión por dobre cartón de Marcos, os pabellonistas levaron moitísimo perigo á meta rival e Alberte, Miguel -por partida dobre- e José anotarían os goles para que os tres puntos quedasen na casa.

Destacar o retorno do pabellonista Miguel despois de varios meses apartado dos terreos de xogo e o seu paso polo quirófano. O técnico local tamén fixo debitar nos últimos minutos ao porteiro cadete Xoel. O carballiñés anotaría dous goles. Ver ficha técnica.

A falta de tres xornadas para o final da competición o equipo é sexto con 51 puntos. Ver clasificación. O sábado visitan ao CD Choco (16.30 horas).

Sperou nos Remedios ao Arousa (5-1)