El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL-PLAY OFF

O rival marcou en cada tempo e os nosos erraron un penalti (0-2)

Xuvenil C

Derrota no campo de Os Remedios do Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil a mans do Santa Teresita (0-2) nunha cita do Play Off.

Os de Eiroás estiveron máis aplicados en ataque e cun tanto en cada tempo leváronse os tres puntos. Os nosos tiveron a oportunidade de meterse no partido cun marcador adverso de dous goles, ao disfrutar dunha pena máxima que acabaría detendo o meta rival. Ver ficha técnica.

Despois desta derrota os pabellonistas son oitavos na táboa con 19 puntos. Ver clasificación.

O rival marcou en cada tempo e os nosos erraron un penalti (0-2)