lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

CONVENIO-RC CELTA

Os xuvenís Santi e José e o alevín Fabio

A presenza de xogadores nas categorías inferiores do RC Celta, como froito do Convenio entre ambas entidades, segue crecendo tempada a tempada. Para o curso 2019-2020 tres deportistas pabellonistas engrosarán a terna de ex-branquiverdes nas filas celestes.

 

Por un lado Santi Prado e José Atrio, que levaban varios anos adestrando na Madroa, pasarán a formar parte do RC Celta "B" da Liga Nacional Xuvenil. Mentres, Fabio Abad ingresa no primeiro equipo céltico alevín. Felicidades a todos eles. Na vindeira temporada outros futbolistas do club terán a oportunidade de adestrar semanalmente na instalacións da Madroa.

Na actualidade militan en diferentes equipos do RC Celta ex-xogadores como Tiago Rodríguez, Hugo Sanz, Noel González, Manuel de la Fuente, Xabi Cidre, Álex Ribeiro, Izan Regueira, ao tempo que aínda que nestes momentos defenderán outros cores, tamén pasaron pola entidade olívica Javier Fernández (Atlético de Madrid) e Álex Cid (Atlético de Madrid).

Os xuvenís Santi e José e o alevín Fabio