martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

Desperdiciou moitas ocasións contra o Monteporreiro (2-1)

O Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil dobregou ao Monteporreiro de Pontevedra (2-1) nun partido no que o marcador puido ser máis amplo pero os nosos non aproveitaron as múltiples ocasións que tiveron, de maneira especial, na segunda parte.

Un gol de Iago Varela aos cinco minutos abriu o camiño da vitoria para os de Anxo Valcárcel diante dun rival coa vitola de equipo revelación do grupo encaramado na terceira praza. Durante esta primeira parte os noso tiveron ocasións para aumentar a vantaxe pero o marcador non se movería máis neste periodo.

Na reanudación os pabellonistas comezaron a levar peiro á meta dun rival que defendía moi adiantado ata que unha penetración de José Ramón terminaría cortada por un agarrón dun rival co conseguinte penalti que o propio xogador se encargaría de transformar para colocar o 2-0.

A partir de ahí chegaría o carrusel de ocasións dos nosos, as máis claras con dous balóns aos paos, e non houbo forma de pechar definitivamente un partido que estaba ser claro para os pabellonistas. Cada acción de ataque era unha oportunidade de gol. En cambio o Monteporreiro acortaría distancias no tempo de desconto nun penalti inncesario (2-1) e apenas houbo tempo para máis. Ver ficha técnica.

Esta vitoria permite ao Pabellón "B" loitar pola terceira praza cando restan seis xornadas para o final da competición. Ver clasificación.

Desperdiciou moitas ocasións contra o Monteporreiro (2-1)