El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Os pabellonistas remontaron á ED Val Miñor "B"

IMG_20191027_212745
Despois de dúas xornada consecutivas sen gañar, o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil impúxose á ED Val Miñor "B" (2-4) no campo de Condomínguez. Osián (2), Iago Varela e José Ramón marcaron os tantos.

A situación do rival, penúltimo clasificado sen coñecer a vitoria, presentábase como unha boa ocasión para que os de Cándido Gómez sumasen os tres puntos en xogo e así foi. De todos os xeitos houbo que remontar o gol que aos vinte e seis minutos daría vantaxe ao Val Miñor.

Por fortuna, antes de chegarse ao descanso os branquiverdes encarrilarían o partido. Osián igualaría o choque pasada a media hora cun penalti e tres minutos máis tarde Iago Varela anotaría o segundo. O rival acusou o golpe e non o desaproveitou a escuadra pabellonista para, por medio de José Ramón, situar un esperanzador 1-3 co que remataría o primeiro tempo.

Na segunda metade os de Nigrán sairon na búsqueda dun gol que os metese no partido, pero aos dez minutos un tanto de Osián asestaría o golpe defintivo para evitar calquera complicación e sumar os tres puntos. Posteriormente, os nosos controlaron ben a situación e o segundo tanto local chegaría nun penalti no desconto e sen tempo para máis. Ver ficha técnica.

Despois de oito xornadas o Pabellón CF é terceiro na táboa con 17 puntos ocupando unha das dúas prazas de ascenso. Ver clasificación. Na próxima xornada reciben ao RC Deportivo "B" nos Remedios o sábado (16 horas).

Os pabellonistas remontaron á ED Val Miñor "B"