El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Empatou no campo do Areosa (2-2)

P2010086
Segue en boa sintonía o Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil ao sumar un valioso punto no último minuto no campo de A Xunqueira contra oun bo CD Areosa (2-2). Víctor e Yago Ribao foron os goleadores.

Non foi un partido brillante do conxunto pabellonista pese a comezar ben e adiantándose no marcador moi cendo -minuto catro- cun tanto de Víctor. Pouco a pouco o cadro vigués foise adueñando da situación e á media hora conseguía igualar o choque, chegándose ao descanso con empate a un tanto.

Na reanudación os locatarios sairon fortes para anotar o segundo no ecuador da segunda metade. Reaccionaron ben os de Candido Gómez, que pasaron a dominar a situación na búsqueda do empate e ante a insistencia conseguirían rescatar un punto no último minuto cun tanto de Yago Ribao. Nos cinco minutos de desconto os nosos mantiveron á raia ao rival para acabar sumando un valioso empate. Ver ficha técnica.

Despois de tres catro xornadas de competición o equipo suma 10 puntos e manténse na zona alta da táboa. O importante é seguir sumando para conseguir o primeiro obxectivo que no é outro que a permanencia. O sábado recibirán a visita do Alondras CF nos Remedios. Ver clasificación.

Empatou no campo do Areosa (2-2)