El tiempo
viernes. 19.04.2024
El tiempo

FÚTBOL 11-LIGAS GALEGAS

Os equipos do club remataron as Ligas Galegas

IMG_20190526_133539_659

O pasado sábado disuptouse a última xornada en cada unha das categorías rexionais despois de nove meses de competición.

O equipo da LG Xuvenil viuse superado pola UD Comesaña (2-3) no campo de Os Remedios. Os olívicos necesitaban a vitoria para evitar o descenso e ao final leváronse os tres puntos.Os nosos sempre foron a remolque no marcador con tantos de Sergio e Iago Varela. Ver ficha técnica. Os nosos remataron na quinta praza. Ver clasificación.

Misión imposible para o DH Cadete en Abegondo pese a que os nosos deron a cara ata o final contra o RC Deportivo (3-1). Aarón fixo o gol para os nosos que significaba o empate. Ver ficha técnica. Os pabellonistas remataron na oitava praza do grupo. Ver clasificación.

Na LG Cadete o equipo branquiverde viuse superado (1-2) por un Colexio Hogar que se xogaba a permanencia nos Remedios. Diego, de falta, adiantou aos nosos e os olívicos daríanlle a volta ao marcador antes do descanso. No segundo tempo non se movería o marcador. Ver ficha técnica. O Pabellón "B" finalizou noveno na táboa. Ver clasificación.

Finalmente, na Fase de Permanencia da LG Infantil o Pabellón Promesas despediuse da competición encixando un severo correctivo (9-0) no Baltasar Pujales co Rápido de Bouzas. Ver ficha técnica. A derrota deixou aos nosos no último lugar do grupo. Ver clasificación.

Os equipos do club remataron as Ligas Galegas