El tiempo
viernes. 26.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA XUVENIL

O equipo opta á terceira praza (0-3)

Xuvenil B

Vitoria do Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil no campo de A Granxa (0-3) que permite aos branquiverdes manterse na loita pola terceira praza do grupo.

José Ramón, de penalti, abriría o marcador para os pabellonistas aos once minutos de partido e posteriormente chegaría unha acción que pode catalogarse de clave, cando Adrián detivo unha pena máxima evitando o empate dos verinenses.

Despois de chegarse ao descanso con ese marcador (0-1), aos quince minutos Sergio abriría brecha colocando o segundo e dez minutos máis tarde Coello anotaría o terceiro para sentenciar o choque. Ver ficha técnica.

Con este triunfo os de Anxo Valcárcel son cuartos na táboa con 50 puntos, a un do AJ Lérez no terceiro lugar. Ver clasificación.

O equipo opta á terceira praza (0-3)