El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

TORNEO OURENSE BASE CADETE

Gañou no campo do Bosco (0-1)

O Pabellón Promesas sacou adiante a súa cita co Bosco no campo dos Salesianos (0-1) para seguir ocupando a primeira praza do grupo 13º no Torneo Ourense Base Cadete.

Un gol de Chema aos quince minutos da segunda metade foi suficiente para que os de Enrique Silva sumasen os tres puntos a domicilio nunha complicada cita ante un rival moi correoso. Ver ficha técnica.

A falta dunha xornada para o final da fase de grupos os nosos ocupan a primeira praza do grupo 13º cunha renda de dous puntos sobre o seu inmediato perseguidor. Ver clasificación.

Gañou no campo do Bosco (0-1)