El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

TORNEO OURENSE BASE CADETE

Xogará co Arenteiro despois de apear ao Monforte

P1960898

O Pabellón Promesas plantouse nas semifinais do Torneo Ourense Cadete, na que terá como rival ao CD Arenteiro, despois de superar con solvencia ao CF Monforte nos Remedios (6-2).

Despois do empate (1-1) no partido de ida xogado nos Luis Bodegas, o Pabellón Promesas resolveu con eficiencia a cita de volta no campo de Os Remedios (6-2). De todos os xeitos os de Enrique Silva non puideron marcar diferenzas ata a segunda metade. Os goles foron obra de Sergio, Falú, Xoel, Damián, Christian e Chema. Ver ficha técnica.

Este luns efectuose o sorteo para os emparellamentos das semifinais, que deixaron estes partidos: Pabellón Promesas-CD Arenteiro e AD Bosco-EDC Barbadás "B". Os partidos de ida xogaránse esta fin de semana e os de volta sete días máis tarde.

Xogará co Arenteiro despois de apear ao Monforte