LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A", a seguir sumando

CVC Valladares – Pabellón CF (A Gándara; domingo 24, 13:15 horas):

A duodécima xornada de competición na Liga Nacional Xuvenil leva ao equipo pabellonista ata o campo de A Gándara nun partido con horario inusual ante un rival que neste momento ocupa praza de descenso polos arrastres que orixina a División de Honra.

O Valladares (9 puntos) leva cinco confrontacións como local nas que gañou en dúas delas ante rivais directos pola permanencia: Arousa "B" (4-3) e Bertamiráns (3-2). Once goles suma o equipo pontevedrés no campo de A Gándara, onde sempre marcou.

Pola súa parte, o Pabellón (27 puntos) afronta a cita co obxectivo de acrecentar a boa racha de resultados despois de catro xornadas consecutivas gañando e con iso manter a distancia en posto de ascenso sobre os inmediatos perseguidores.

O técnico branquiverde Iván Alonso ten as baixas de André, Julián, Cougil e David. Joel Pacios está prácticamente recuperado da lesión dun xeonllo e podería entrar nas convocatorias en calquera momento.

A arbitraxe correrá a cargo de David Táboas Lagoa, asistido nas bandas por Fernández Pedrera Muñoz e González Díaz, do Colexio de Vigo.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 12.