El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

ALEVÍS

Pleno dos nosos conxuntos Alevís

P1990673

Os catro conxuntos pabellonistas alevís sacaron adiante os seus compromisos para firmar un excelente xornada.

Os goles de Julián e Martín, ambos na segunda metade, facilitaron a remontada (1-2) do Pabellón CF no campo do Celanova, que mandaba ao descanso, dentro do Play Off da 1ª Autonómica. Os nosos seguen liderando a táboa clasificatoria.

Pola súa parte, o Pabellón Promesas sumaba os tres puntos (1-3) no campo de A Moreira contra a EDC Xinzo. Os de Juan Carballo tomarían vantaxe mínima na primeira metade e na segunda, despois de que os limiaos empatases, reaccionaría ben anotando dúas dianas que resultaron decisivas. José (2) e Matías foron os goleadores dun equipo que lidera a táboa do Torneo Ourense Base.

Cun gol na primeira metade e catro na segunda, o Pabellón "B" soloventou (5-0) a súa cita co Barco nos Remedios para seguir liderando o Play Off da 2ª Autonómica. Os tantos foron obra de Mateo Dosantos (2), Samuel 82) e Meteo Amorín.

O Pabellón "C" da 2ª Autonómica acabou firmando un bo partido diante do Nogueira para facerse cunha merecida vitoria nos Remedios. Os tantos foron anotados por Aitor (2), Breogán, Aarón, Anxo Cao e Manuel. Os nosos ocupan a sexta praza do Grupo 43.

Pleno dos nosos conxuntos Alevís