El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

TORNEO OURENSE BASE BENXAMÍN

Pasaporte para a final para o Promesas benxamín

O Pabellón Promesas meteuse na final do Torneo Ourense Benxamín ao resolver con solvencia o partido de volta co Santa Teresita (6-1) despois da igualada (4-4) na ida disputada en Eiroás.

Os de Gabriel Prada deixaron a eliminatoria moi encarrilada ao final da primeira metade (3-0) e na segunda parte non variaría o guión e os pabellonistas marcarían máis distancias no marcador nun partido que sempre estivo controlado. Nos últimos instantes chegaría o tanto dos visitantes. Teo (3), Dani (2) e Alexandre anotaron os goles branquiverdes.

A EDC Celanova será o rival na final que se disputará o próximo sábado no campo de O Xeixo en Santa Cruz de Arrabaldo.

Pasaporte para a final para o Promesas benxamín