Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Impúxose con claridade ao Victoria (4-0)

Triunfo cómodo do Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil no campo de Os Remedios (4-0) contra un Victoria que chegaba con mínimas opcións de ascenso.

O conxunto herculino presentábase nos Remedios cunha pequena posibilidade de seguir pensando no salto á División de Honra e cun ollo posto no campo de A Mercé na cita entre o Conxo, seu rival directo, contra o Deportivo "B".

Dende o primeiro minuto os pabellonistas adueñaríanse do partido e traspasado o cuarto de hora Gustavo colocaría o 1-0. Posteriormente chegarían un carrusel de ocasións para os nosos, as máis claras en dous man a man de Carracelas co meta rival. No medio de todo iso os coruñeses gozarían dunha pena máxima que detivo Sampayo e antes do descanso novas ocasións de gol para os branquiverdes, que puideron marcharse ao descanso co partido resolto.

Con vantaxe mínima local chegaríase ao descanso e co mesmo marcador no campo de A Mercé. Na reanudación as diferenzas no campo aínda foron maiores xa que aos dous minutos deste periodo Iván situaría o 2-0. O Victoria acusaría o golpe e os pabellonistas non darían opción. Un gol de Rodrigo producto da estratexia antes do cuarto de hora e outro de Osián nos último compases pecharían o marcador. Ver ficha técnica.

En Santiago o Conxo tamén superaba con solvencia (3-0) ao Deportivo "B" para concretar o ascenso á División de Honra. Despois do parón da próxima fin de semana chegará o a xornada final na que o Pabellón visita ao Deportivo "B". Ver clasificación.

Impúxose con claridade ao Victoria (4-0)