jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

LIGA GALEGA CADETE

Gañou no campo da EDC Verín (0-1)

Segunda vitoria consecutiva do Pabellón "B" da Liga Galega Cadete na súa carreira por manterse lonxe da zona de descenso por arrastre, nesta ocasión no campo de A Granxa contra a EDC Verín (0-1).

Os máis que premumibles seis descensos que afectarán a este grupo sur da categoría obrigaban aos nosos a sumar os tres puntos no campo de A Granxa diante dun rival descendido como é o caso da EDC Verín. Sen embargo, os locatarios venderon cara a derrota dando moitísima guerra durante os oitenta minutos.

Ao descanso non se movera o marcador (0-0) nunha fase na que José tería unha gran ocasión para adiantar aos seus, e foi na segunda cando os pabellonistas anotarían o tanto que lles daría a vitoria por medio duna falta directa excutada por Diego cando se llevaban disputados trece minutos. Posteriormente os nosos reclamarían un gol ao entender que o balón traspasara a liña de gol nunha rara acción. O asistente non o viu así e o tanto non subiría ao marcador.

O Verín arriscou na búsqueda do empate e no tramo final do choque deu un par de sustos no área pabellonistas que por fortuna non tiveron repercusión no marcador. Ver ficha técnica. Con esta vitoria e os outros marcadores que se rexistraron na xornada o equipo mantén unha renda de cinco puntos sobre o último posto de descenso por arrastre que ocupa o Valadares. Ver clasificación. Agora chegan dous fins de semana sen competición antes de afrontar a recta final.

Gañou no campo da EDC Verín (0-1)