martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

ALEVÍS

Os nosos alevís estiveron a un bo nivel

Pabellón Promesas, no Torneo Ourense, e Pabellón "C", estiveron a un bo nivel na xornada da pasada fin de semana.

Por unha parte, o Promesas arañaba un empate (1-1) na ida das semifinais do Torneo Ourense Base contra o Santa Teresita no campo das Eiroás. O choque estivo moi emocionante e os de Juan Carballo acabarían igualando cun tanto de Iglesias nos últimos instantes un partido no que os locatarios tomarían vantaxe despois do descanso. Inlcuso a vitoria puido caer do lado branquiverde nun balón ao pao de Queija. A resolución da eliminatoria será nos Remedios. Na outra eliminatoria a EDC Xinzo gaño a domicilio ao Barbadás (2-7).

Vitoria do Pabellón "B" contra a EDC Celanova "B" (5-0) nos Remedios. Os nosos fóronse ao descanso con dous goles de vantaxe (2-0) e na segunda apliarían distancias. Fabio (2), Iker, Mateo Vivián e Borja anotarían os tantos. O equipo segue líder do Paly Off de 2ª Autonómica.

Mentres, o Pabellón "C" facíase cos tres puntos (2-1) contra o Barbadás "B" nos Remedios dentro do Grupo 2º da Copa Deputación de 2ª Autonómica. Richi e Mikel foron os goleadores dun equipo que leva dúas vitorias noutros tantos partidos.

Os nosos alevís estiveron a un bo nivel