El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA XUVENIL-PLAY OFF

Meritoria vitoria do Xuvenil "C" en Chantada (1-2)

Xuvenil C

Despois de tres xornadas consecutivas sen puntuar o Pabellón "C" da 1ª Autonómica Xuvenil sumaba os tres puntos no campo do Chantada (1-2).

Pese ás baixas que presentaba a escuadra que dirixe Marcial González, coa presenza de xogadores cadetes, o equipo deu unha excelente imaxe no campo de Sangoñedo. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto despois de que o Chantada neutralizara, de penalti, o gol que anotara Luis Ortíz.

O segundo tempo foi un toma de daca ata que un tanto de López no tempo de desconto desequilibrou a balanza a favor dos nosos para sumar os tres puntos. Ver ficha técnica.

Despois desta vitoria o equipo é sétimo na táboa deste competidísimo Play Off. Ver clasificación.

Meritoria vitoria do Xuvenil "C" en Chantada (1-2)