El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil / Vitoria sobre o Lugo "B"

O equipo superou ao cadro lucense (4-2), con dobretes de Jorge e Alberte, para acumular dez xornadas sen coñecer a derrota

O equipo superou ao cadro lucense (4-2) con dobretes de Jorge e Alberte para acumular dez xornadas sen coñecer a derrota

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil impúxose ao CD Lugo "B" no campo Miguel Ángel-Os Remedios nun partido que sempre tivo controlado pese a que a escuadra visitante, que chegaba con novo adestrador, chegaría a igualar o primeiro tanto de Jorge e na segunda metade a recortar diferenzas no marcador (3-2) despois de rematar a primeira metade cun favorable 3-1 con dianas de novo de Jorge e Alberte.

Na segunda parte os lucenses acortarían distancias cun tanto aos catro minutos pero o gol de Alberte sete máis tarde para colocar o 4-2 resultaría a puntilla definitiva para maniatar ao adversario e facerse coa vitoria. Ver ficha técnica. Despois dos resultados deste sábado o equipo segue ocupando a segunda praza, primeira que facilita o ascenso. Ver clasificación.

LN Xuvenil / Vitoria sobre o Lugo "B"