Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

LN Xuvenil / Reparto de puntos

Empate do Xuvenil "A" nos Remedios (1-1) co Racing Villalbés nun partido no que fixo méritos para sumar os tres puntos

Empate do Xuvenil "A" nos Remedios (1-1) co Racing Vilalbés nun partido no que fixo méritos para sumar os tres puntos

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil tivo que conformarse cun punto despois de empatar (1-1) no campo de Os Remedios ante un rocoso Racing Vilalbés. Os de Cándido Gómez, que tomarían vantaxe nun claro penalti anotado por Fidalgo, viron como os lucences igualaban o choque traspasada a media hora de xogo., chegándose ao descanso con esa igualada.

Na reanudación as ocasións de gol foron do cadro pabellonista, a máis clara un balón ao pao nun disparo de Osián. Gustavo, José e Carracelas tamén puideron desnivelar o marcador. Cando o partido finalizaba os locatarios reclamaron un claro penalti do meta rival sobre José -arrasouno completamente- cando o dianteiro local estaba presto a rematar. A colexiada non o entendeu así sinalando falta ao porteiro. Ao final táboas. Ver ficha técnica.

A xornada en sí deixou marcadores moi sorprendentes como foron as derrotas de Calasanz, Victoria e Choco a mans de Val Miñor, Arousa e Valadares respetivamente e sen deixar de lado o empate na Merced do Conxo co Santa Mariña. Ver clasificación.

LN Xuvenil / Reparto de puntos