El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil l Novo paso adiante co empate (1-1) en Lugo

Os pabellonistas sumaron sete puntos nos tres últimos partidos, os que teñen sobre a zona de descenso

Os pabellonistas sumaron sete puntos nos tres últimos partidos, os que teñen sobre a zona de descenso

O Pabellón CF da Liga Nacional Xuvenil sumou un punto (1-1) no campo de A Fonte en Cospeito na súa visita ao CD Lugo "B".  Un gol de Carlos Villar aos catro minutos adiantou aos pabellonistas, que se marcharon ao descanso con esa renda.

Prácticamente no ecuador de segunda metade empatarían os lucenses sen que se movese máis o marcador. Un balón ao travesaño e un man a mam co meta lucense puideron desequilibrar a balanza a favor dos branquiverdes, pero tamén os loctarios dispuxeron de un par de ocasións. VER FICHA TÉCNICA.

Trátase do terceiro partido consecutivo -sumaron sete puntos- no que o Pabellón consigue sumar despois de vitoria que obtivese nos Remedios co Santa Mariña e os tres puntos que sumaron o domingo anterior na cita aprazada co Compostela. O equipo suma 37 puntos para ocupar a sétima praza con sete de vantaxe sobre a zona de descenso. Ver clasificación.

LN Xuvenil l Novo paso adiante co empate (1-1) en Lugo