El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LN Xuvenil / Da goleada ao sufrimento

O Xuvenil "A" superou ao CD Lérez nos Remedios (2-1) nun partido que puido liquidar na primeira parte

O Xuvenil "A" superou ao CD Lérez nos Remedios (2-1) nun partido que puido liquidar na primeira parte

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil, que presentaba baixas importantes na convocatoria, cortou este sábado unha racha negativa de tres derrotas consecutivas despois de superar no campo de Os Remedios ao CD Lérez (2-1), colista da categoría. Os de Cándido Gómez marcharíanse aos descanso cunha renda de dous goles (2-0) anotados por Jorge e Fidalgo, nunha fase na que pudieron deixar o partido visto para sentenza ao desaproveitar numerosas ocasións de gol ante un rival que non crearía ningunha oportunidade.

Na segunda metade cambiaría un pouco o decorado. Os pontevedreses estiarían liñas na búsqueda do gol que os metese de novo no partido e os locatarios intentando pechar a cita á caza do terceiro tanto. Serían os visitantes quenes recortarían distancias a un cuarto de hora do final que outorgaría moita incertidume na resolución do choque. Por fortuna para os nosos a cousa quedouse ahí xa que o marcador non se movería máis. VER FICHA TÉCNICA. Despois desta vitoria os pabellonistas seguen na sétima praza con 37 puntos. Ver clasificación.

LN Xuvenil / Da goleada ao sufrimento