El tiempo
jueves. 18.04.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

O RC Celta foi unha apisonadora (9-0)

Derrota incontestable na Madroa do Pabellón CF da División de Honra Cadete a mans do RC Celta, líder destacado da categoría (9-0).

As diferenzas que mostra a táboa clasificatoria entre célticos e pabellonistas, case co dobre de puntos, quedaron palpables na Madroa. Ao descanso os locatarios tiñan o choque máis que encamiñado (5-0) e na segunda metade cehgarían catro dianas máis dos celestes para completar o resultado final. Ver ficha técnica.

Os nosos ocupan a sexta praza do grupo con 46 puntos a falta de catro xornadas para o final. Dúas delas consumiránse entre o mércores festivo e a fin de semana. O 1 de maio visitará Os Remedios o Atlético Coruña-Montañeros. Ver clasificación.

 

O RC Celta foi unha apisonadora (9-0)