El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA INFANTIL-PLAY OFF

Ao descanso anotara catro goles para vencer ao Ferrol (5-0)

P2000021

Catro goles na primeira parte do Pabellón CF da Liga Galega Infantil permitiron unha cómoda vitoria (5-0) dos nosos sobre o Racing de Ferrol.

Tivo moitas ocasións o conxunto pabellonista nunha primeira metade que puido finalizar cun marcador máis amplo. Despois de anotar no primeiro minuto prácticamente á media hora o equipo xa tiña catro goles no taboleiro.

Na segunda parte mantívose o guión ainda que a medida que foron pasando os minutos o choque decaía en intensidade xa que os ferroláns apenas inquietaban a meta local e os pabellonistas buscaban con menos ahínco o marco contrario. De todos os xeitos houbo oportunidades para ampliar a vantaxe pero solamente acertarían nunha ocasión. Amills (2), Isaac (2) e Carracedo foron os goleadores. Ver ficha técnica.

A xornada resultou redonda para o Pabellón, xa que os rivais directos pola cuarta praza que ocupan nestes intres perderon os seus compromisos. A tres xornadas para o final do Play Off o equipo ten nove puntos de vantaxe sobre quinto e sexto. Ver clasificación.

Ao descanso anotara catro goles para vencer ao Ferrol (5-0)