El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

1ª AUTONÓMICA INFANTIL-PLAY OFF

O Infantil "B" non puido despedirse cunha vitoria

P2000234

O Pabellón "B" finalizou o Play Off da 1ª Autonómica Infantil caendo no campo de Oira contra o Ourense CF "B" (5-3). Tratábase da derradeira xornada da competición.

Os locatarios tiveron sempre unha ampla vantaxe no marcador ata que no tramo final os de Rubén García recortaron distancias. Ao descanso os locatarios mandaban son solvencia (4-1) nunha fase na que Cerdeira anotaría para os nosos.

Mediada a segunda parte os de Oira ampliarían distancias cun tanto máis e posteriormente os nosos replicarían cun dobrete de Ribao para o marcador definitivo (5-3). Ver ficha técnica.

Unha vez rematada a competición o club quere agradecer o compromiso dende o primeiro día e ata hoxe dos xogadores e técnico deste equipo que se mentiveron ao pé do cañón durante unha complicada tempada na que foron capaces de meterse nun Play Off que foi moi duro pero do que se deben sacar as cousas positivas. Ver clasificación. Ver clasificación

O Infantil "B" non puido despedirse cunha vitoria